Cómo colaborar
Calquera particular ou empresa pode colaborar economicamente coa Fundación Universitario de Ferrol facilitando o mellor cumplimento dos seus fins, mediante a realización de calesquera das actividades que constitúen a razón de ser da Fundación.
As colaboracións poden materializarse a través de donativos o ben mediante a suscribción de convenios (que gozan da exención do IVE). En calquera caso, a Fundación facilitará unha certificación desa colaboración económica a fin de que a persoa ou entidad colaboradora poda obter as bonificacións fiscais previstas.
A lei de incentivos fiscais ao mecenazgo contempla diversas vantaxes e beneficios, que para as PERSOAS FÍSICAS van dende o 80% de desgravación na cota do IRPF polos primeiros 150 euros de micromecenazgo (e o 35% polos restantes) ata o 40% a partir do terceiro ano, sempre que se manteña ou incremente a doazón.
No caso das PERSOAS XURÍDICAS, a cota correspondente ao Imposto de Sociedades tamén goza dunha desgravación do 35 ou 40% (a partir do terceiro ano) do importe da doazón.
Aquí pode descargarse un documento no que se detallan as vantaxes fiscais deste mecenazgo. Ademais, neste enlace da web do Ministerio de Educación, Cultura y Deporte pódese obter máis información ao respecto do mecenazgo.
A maiores, colaborar coa Fundación leva aparellados algúns regalos directos e tamén algunhas compensacións publicitarias froito dos acordos con varios clubes da comarca de Ferrol.