A Fundación Universitario de Ferrol constituíuse con data 30 de maio de 2002, sendo clasificada de interese deportivo (Orde de Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado de 27 de outubro de 2003, DOG número 214, de 4 de novembro) e adscrita ao Protectorado da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (Orde de 28 de decembro de 2009 (DOG número 20 de 1 de febreiro de 2010).
O DOG número 183 de 23 de setembro de 2002 publicou a Orde da Consellería de Presidencia de 2 de setembro declarando de interese galego esta Fundación que quedou inscrita co número 2002/11 no Rexistro único de Fundacións da Xunta de Galicia.
Fin
A Fundación Universitario de Ferrol ten por obxecto promocionar, desenvolver e impulsar o deporte, con especial atención á participación de mulleres, universitarios e persoas con capacidades diferentes, así como procurar a inserción socio-laboral de deportistas, unindo a cultura, a educación e a práctica deportiva para o desenvolvemento integral da sociedade e contribuír á formación dunha xuventude máis sana dende o punto de vista persoal e social.
" ...promocionar, desenvolver e impulsar o deporte ... "
Actividades
Para a consecución dos seus fins, a Fundación Universitario de Ferrol realizará, directa ou indirectamente, en instalaciones propias ou alleas, cantas actividades sexan precisas para este cometido e, entroutros modos posibles, a través das formas seguintes de actuación, que se contan sen propósito exhaustivo:
- Organización de cursos de formación de técnicos, animadores deportivos, dirixentes, árbitros, etc.
- Organización ou colaboración na realización de probas e eventos deportivos que sirvan para estimular a participación dos máis novos.
- Organización e funcionamiento de Escolas Deportivas.
- Programas de promoción do deporte feminino en Centros Educativos.
- Concesión de axudas económicas a entidades ou deportistas que realicen actividades coincidentes ou complementarias coas da propia Fundación.
- Xestión de convenios de “adopción” de entidades deportivas e deportistas por particulares e empresas.
- Programas e cursos para a inserción socio-laboral de mulleres, xente con capacidades diferentes e universitarios.
- Participación ou colaboración no desenvolvemento das actividades doutras entidades, organismos, institucións ou persoas de calquera clase, físicas e xurídicas, que dalgún modo podan servir aos fins perseguidos pola Fundación.
- O fomento e práctica da actividade física e deportiva, así como a participación tanto en actividades e competicións oficiais como en actividades deportivas de lecer, de calquera modalidade deportiva.
- Tamén poderá a Fundación prestar servizos de asesoramento e formación sobre xestión administrativa, técnica, deportiva, financeira e de calidade a outras organizacións públicas ou privadas no ámbito do deporte universitario, feminino ou inclusivo destinando os ingresos ao mellor cumplimento dos fins recollidos nos seus Estatutos.
Padroado
O goberno, representación e administración da Fundación Universitario de Ferrol está encomendado a un Padroado que executará as funcións que lle corresponden, con suxeción ao disposto no Ordeamento Xurídico e nos seus Estatutos e que constará dun mínimo de catro membros e un máximo de nove.
O primeiro Padroado, designado na Acta Fundacional, estivo composto por sete integrantes, formándoo na actualidade:
- M. Celeste Morado Ardao
- Presidenta
- Emilio Lama Bellver
- Vicepresidenta
- Emilio López Pérez
- Secretario
- Laura Ferreiro Calvo
- Vogal
- Emma Anta Vázquez
- Vogal
- Álvaro Illobre Saavedra
- Vogal
Fundación Universitario de Ferrol
Cantón de Molíns, 6 Baixo Esq. 15403 Ferrol
E-mail: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo..